¡Quen me ame
que me leve ao mar!
Marmurou Antón,
mentres caía da cadeira,
cego de viño,
sen bágoas nas cuncas dos ollos.
As mozas do prostíbulo
seguiron ao seu,
a falar cos homes novos,
primeirizos en temas de mulleres,
que por onde pasaban
deixaban un cheiro a Barón Dandi
que daban ganas de devolvela cea.
Pero eran tempos de fame,
e un tragaba con todo.
Sempre que Antón bebía,
bebía de máis,
nunca lle gustaba deixalas cousas a medias,
e non sabía cal era a última taza,
a chea ou a valeira.
Cando chegou o chan cheo de serrín,
Antón levou un mal golpe e rompeu o nariz.
O sangue cubríalle a faciana
e o pouco cabelo que tiña.
“Máis viño non, máis viño non, que afogo”.
Pero as mulleres seguiron o seu,
a falar cos mozos novos
que cheiraban a Barón Dandi.
Sindicación
Este artículo no tiene Comentario por el momento .....